Portal de Turismo do Concello de Fisterra


Rutas


Rutas Turísticas

1º.- RUTA CABO FISTERRA

San Guillermo-Pedras Santas-Faro

Parte do Porto en dirección ao Castelo de San Carlos, fortificación doS. XVIII, continuando despois ata aIgrexa de Santa María das Areas, s. XII.

Despois de visitar a dita igrexa, comeza a subida ao Monte San Guillermo, collendo unha desviación á man dereita, a uns 100 m da igrexa. Segue a subida por camiños forestais, collendo o primeiro cruzamento á man dereita e camiñando uns vinte minutos chégase ao segundo cruzamento no que nos desviaremos á esquerda.

Despois duns 200 m aparece un pequeno sendeiro á man esquerda que nos leva ao Monte SaGuillermo, dende o que se divisa unha das vistas panorámicas máis fermosas da Vila de Fisterra e dos seus mares.

Volvendo á anterior intersección xírase á mesma man esquerda, continuando a pista asfaltada que sobe ao Monte Facho. Ao final desta pista continúase por outra de terra que nos leva ás Pedras Santas, onde podemos observar outra espectacular panorámica de Fisterra e o seuistmo.

Volvendo sobre o camiño percorrido, comeza a baixada pola pista asfaltada, encontrando primeiro un mirador e chegando posteriormente ao Faro.

2º.- RUTA FISTERRA - PRAIA DO ROSTRO

Saíndo de Fisterra en dirección á rúa Atalaia, tómase o camiño que nos achega ao polideportivo, desviándose á esquerda entramos en San Martiño de Abaixo. Á esquerda, atópase a subida aSan Martiño de Arriba.

Alcanzada a aldea tómase o primeiro desvío á man esquerda, ata chegar aCastro de Duio. Collendo a estrada que leva a Vilar, crúzase pola aldea en dirección á Praia de Arnela e sen abandonar nunca esta estrada alcánzase Denle. Dende alí a ruta diríxese a Castromiñán, continuamos pola estrada e accedemos á Praia de Rostro.

3º.- RUTA FISTERRA - MONTE SEOANE

Saíndo pola Rúa Santa Catalina cóllese a primeira saída do pobo en dirección á Praia Langosteira, percorrendo o seu paseo marítimo. A continuación abandónase este collendo unha pista asfaltada que leva á AC-552, a cal debemos cruzar na zona de Calcoba para seguir despois por un pequeno sendeiro que leva á aldea de Mallas.

Unha vez neste punto, o camiño diríxese en primeiro lugar á igrexa e posteriormente á antiga escola. A partir de aí percórrense uns 150 m, no cruzamento a ruta desvíase á man esquerda para subir directamente cara o Monte Seoane que, cos seus 156 m de altura, é o máis alto do Municipio.

Compartir: